Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

10 de Maio – Vigo – OBRADIRO : A influencia das túas experiencias pasadas na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a 3/3

10 mayo, 2018 @ 19:00 - 21:00

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Vigo ca terceira e última sesión do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a III

  • Cales son as nosa cualidades como nais e pais?
  • Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
  • Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
  • Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?
  • Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.

DATA: 10/05/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.


MAGDALENA OTERO MARTÍNEZ

Psicóloga e Terapeuta Familiar. No curso 2009/2010, formou parte da segunda promoción do Postgrao en Acollemento, Adopción e Postadopción da Universidade de Barcelona en
convenio coa Ramón Llull.

Desenvolve a súa labor profesional diaria como:

  • Co-directora en «Paradoxo«, centro no que, fundamentalmente, realiza unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, a través de charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no eido da adopción, tanto para organismos públicos, privados e asociacións. Aínda que tamén realiza terapia con casos que non están vencellados á adopción, ademais de reeducación escolar
  • Está ao fronte do Departamento de Orientación Educativa nun centro escolar en Vigo, no que se imparten ciclos medios e FPB (Formación Profesional Básica)
  • Tamén cómpre destacar a súa experiencia laboral previa nun Centro de Menores

Detalles

Fecha:
10 mayo, 2018
Hora:
19:00 - 21:00
Etiquetas del Evento:

Local

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción