Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

10 de Xaneiro – Vigo – Coloquio “Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino”

Xaneiro 10 @ 19:00 - 21:00

Comezamos as actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” no 2019 en Vigo  con este coloquio a cargo de Antón Mouriz, pai adoptado e coordinador do programa:

– Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…
Nesta charla/coloquio contaremos con Antón para relatarnos a súa viaxe a China no 2018. A través do seu relato tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

DATA: 10/01/19
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Data:
Xaneiro 10
Hora:
19:00 - 21:00
Evento Etiquetas:
,

Recinto

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Protagonista

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción