Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

11 de Outubro – Vigo – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación II»

11 octubre, 2017 @ 19:00 - 21:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Vigo ca segunda sesióndo obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– Adolescencia, adopción e comunicación II

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.

Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.

A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.

DATA: 11/10/17
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
11 octubre, 2017
Hora:
19:00 - 21:00
Etiquetas del Evento:

Local

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario