Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

11 de Setembro – A Coruña – Coloquio: Como xestionamos a historia dxs nosxs fillxs

Setembro 11 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en A Coruña con este interesante coloquio:

Como xestionamos a historia das nosas fillas e fillos?

Como o xestionamos entre nós? Que lles contamos a eles e como o facemos? Que lugar lle ofrecemos? Que ollos utilizamos para mirala?

Estas e outras moitas preguntas tentaremolas contestar entre todas as persoas participantes, compartiremos miradas e extratexias ca fin de entender mellor o proceso adoptivo.

DATA: 11/09/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!


Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Details

Date:
Setembro 11
Time:
17:00 - 19:00
Event Tags:

Venue

Centro Cívico San Diego
Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro
A Coruña, Coruña 15006 Spain
+ Google Map
Phone:
981 13 92 55

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción