Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

13 de Setembro – Vigo – Coloquio: Como xestionamos a historia dxs nosxs fillxs

13 septiembre, 2018 @ 19:00 - 21:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Vigo con este interesante coloquio:

– Como xestionamos a historia das nosas fillas e fillos?

Como o xestionamos entre nós? Que lles contamos a eles e como o facemos? Que lugar lle ofrecemos? Que ollos utilizamos para mirala?
Estas e outras moitas preguntas tentaremolas contestar entre todas as persoas participantes, compartiremos miradas e extratexias ca fin de entender mellor o proceso adoptivo.

DATA: 13/09/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
13 septiembre, 2018
Hora:
19:00 - 21:00
Etiquetas del Evento:

Local

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción