Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

13 de Xullo – Vigo – “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a III”

Xullo 13 @ 17:00 - 19:00

Continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Vigo ca terceira e última parte do obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a III

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 13/07/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo
A Xunta Directiva

Details

Date:
Xullo 13
Time:
17:00 - 19:00

Venue

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario

*