Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

14 de Decembro – Vigo – Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

14 Decembro, 2017 @ 19:00 - 21:00

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Vigo cun coloquio sobre:

– Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

Levamos un ano poñendo en marcha o “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2018, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.

  • Son os espacios e os horarios axeitados?
  • En que temas estamos interesadas?
  • Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
  • Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?

Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)

DATA: 14/12/17
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.  Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Details

Date:
14 Decembro, 2017
Time:
19:00 - 21:00
Event Tags:
,

Venue

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario

*