Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

14 de Junio – Vigo – OBRADOIRO: – Unha viaxe a China. Regresar ao pasado para construir o futuro

14 junio, 2018 @ 19:00 - 21:00

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Vigo cun obradoiro a cargo de Bea, nai adoptiva, que leva por título:

– Unha viaxe a China. Regresar ao pasado para construir o futuro

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…

Nesta charla/coloquio contaremos con Bea, nai adoptiva de unha nena e un neno de orixe chinés, para relatarnos a súa viaxe a China no 2017. A través da súa experiencia tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

DATA: 14/06/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
14 junio, 2018
Hora:
19:00 - 21:00
Etiquetas del Evento:

Local

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción