Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

14 de Novembro – A Coruña – Obradoiro «Sácame das miñas casiñas»

14 noviembre, 2017 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña cun obradoiro a cargo de Elena Borrajo, sicóloga doCentro Alén, sobre:

– Sácame das miñas casiñas

Os retos educativos por si mesmos son suifcientes para que moitos adultos, papás e mamás, perdan os nervios ante o día a día. Unha contorna esixente, en canto a horarios, actividades, rendemento, etc., non acaba de axudar. Se lle sumamos a realidade de moitos nenos que foron adoptados e que poden necesitar de máis axuda para conseguir o mesmo que o resto, a mestura é explosiva. Con todo, as familias habemos de ser o termostato que manteña o nivel de temperatura das nosas crianzas. Se o noso salta polo aire é previsible que o seu termostato, aquel que lle fai permanecer acougado, xamais funcione correctamente.
Como logralo se non son un monxe budista? Como manterme sereno cando vivo nun trafego continuo?

Lonxe de ofrecer respostas máxicas imos, neste obradoiro, reflexionar e ver se somos quen de facer algo para manternos en calma ante a paternidade, que facer, ante que cousas son máis vulnerable, etc…

DATA: 14/11/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ELENA BORRAJO

 

Psicóloga e educadora infantil, especializada no tratamento con nenas e nenos, adolescentes, que sufriron desamparo cedo.

Formada pola Fundación Exil polo profesor Jorge Barudy e Maryorie Dantagnan, no diplomado especializado para nenas e nenos vítimas de maltrato. Con 20 anos de experiencia no ámbito da protección infantil e a atención en centros de me­nores e o acollemento familiar. Fundadora do Centro Alén onde exerce actualmente como di­rectora no traballo con institucións, familias e asociacións vinculadas ao acompañamiento de nenos e nenas que sufriron situacións de risco, negligencia ou maltrato cedo.

Colaboradora en diversas publicacións vinculadas ao ámbito: «Neurospsicoloxía dos malos tratos e o abandono ¿onde QUEDA o interese superior do menor?»

Detalles

Fecha:
14 noviembre, 2017
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico San Diego
Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro
A Coruña, Coruña 15006 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 13 92 55

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario