Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

15 de Febreiro – Santiago – Obradoiro “A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a”

Febreiro 15 @ 17:00 - 19:00

Continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Vigo ca primera sesión do obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a 1/3

  • Cales son as nosa cualidades como nais e pais?.
  • Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
  • Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
  • Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?
  • Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.

DATA: 15/02/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.


NURIA LAGO

Nuria Lago Fernández é Psicóloga, Terapeuta Familiar Sistémica e Postgraduada en Acollemento, Adopción e Postadopción pola Universidade de Barcelona en convenio coa Universidade Ramón Llull.

A súa labor profesional como co-directora en Paradoxo comezou no ano 2007, sendo a súa experiencia laboral previa, como psicóloga, nunha ECAI (Empresa Colaboradora de Adopción Internacional).
Ademais da terapia e a reeducación escolar, no seu centro desenvolven charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no eido da adopción, así coma noutros eidos vencellados á psicoloxía, tanto para organismos públicos, como privados e asociacións.

En Xaneiro de 2008, imparten o seu primeiro obradoiro de adopción para a asociación Manaia coa que levan colaborando dende entón na formación de familias adoptivas. Nesa mesma época, Paradoxo comezou a realizar unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, que continua na actualidade.

Details

Date:
Febreiro 15
Time:
17:00 - 19:00
Event Tags:
,

Venue

CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL
Rúa Manuel María, nº 6
Santiago de Compostela, Coruña Spain
+ Google Map

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario