- Este evento ha pasado.
16 de Junio – Pontevedra – Estrea do documental Desamparados
16 junio, 2018 @ 11:00 - 17:00
Coa fin de presentar a nosa nova andadura coma asociación de familias adoptivas e acolledoras facémosvos chegar a información sobre esta actividade que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro sábado 16 de xuño, onde disfrutaremos da estrea en Galicia do documental:
DESAMPARADOS, de María Cuenca
Que pasaría se foses un neno e os teus pais ou familia non puidesen facerse cargo de ti? En España hai 35.000 nenos en situación de desamparo e moitos outros en situación de risco. Miguel e Ulises acompáñannos nunha viaxe guiada polos seus recordos e emocións, cunha xenerosidade infinita descóbrennos en primeira persoa como é vivir dentro do sistema de protección ao menor e a vida tan diferente que lles tocou vivir tras a decisión de alguén que cambiou a vida dun deles. As luces e as sombras do sistema onde protexemos aos nosos nenos, contados tamén polos profesionais que guían ese camiño un pouco máis dificultoso a través da infancia.
PRESENTACIÓN DE MANAIA, ASOCIACIÓN GALEGA DE ADOPCIÓN E ACOLLEMENTO
- 11:00 a 11:30 Teatro Principal
PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DE “DESAMPARADOS”
- 11:30 a 12:45 Teatro Principal
Con María Cuenca, Directora
COLOQUIO
- 12:45 a 14:00 Teatro Principal
Ca presenza da María Cuenca, directora, e Miguel, protagonista, acompañado da súa familia
XANTAR/PICNIC
- 14:00 en adiante. Sala Valdecorvos da Casazul
Onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, a menaxe e, se vos presta, o café).
Contaremos con ludoteca
Actividade de balde aberta a todas as familias, sexan ou non socias de MANAIA.
SOBRE A AUTORA
María Cuenca xorde da converxencia entre a cooperación ao desenvolvemento, os estudos de comunicación audiovisual e as súas experiencias como enfermeira itinerante. Fascinada polo desenvolvemento na infancia, o cinema e as emocións humanas comezou esta película en 2015, e aos poucos o documental empezou a ter vida propia. É a súa primeira longametraxe, tras unha curta documental rodada en Etiopía que lle valeu unha matricula de honra no seu proxecto de fin de carreira e diferentes experiencias no sector audiovisual, do máis variadas.
ESPERÁMOSVOS!!!