Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

17 de Outubro – Lugo – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación»

17 octubre, 2017 @ 17:00 - 19:00

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Lugo cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– «Adolescencia, adopción e comunicación»

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.

Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.

A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.

DATA: 17/10/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!


ANA MARÍA SIEIRO MORAL

 Psicóloga sanitaria e terapeuta familiar. Experta en intervención familiar. Traballou desde diversos ámbitos relacionados sempre coa infancia e a familia. Comezou como educadora nunha casa de familia na que estivo durante 5 anos. Posteriormente traballou no Programa de Integración Familiar da Fundación Meniños en Ourense durante 6 anos e desde o ano 2012 dirixe o seu propio centro de psicoloxía da saúde no que traballa tanto con adultos como con infancia e familia. É docente dos cursos que se imparten para familias en espera de adopción.

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
17 octubre, 2017
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro de Convivencia Maruja Mallo
Rúa Primavera, 37
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982297505

Deixa un comentario