Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

18 de Xullo – Lugo – “Falamos? Como charlar cos nosos fillos sobre alcol e drogas”

Xullo 18 @ 17:00 - 19:30

Seguimos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Lugo con outro obradoiro a cargo de Leticia F. Rivero, sicóloga de “Uno Terapias”:

Falamos? Como charlar cos nosos fillos sobre alcol e drogas

  • Canto sabemos sobre o que consumimos?
  • Evolución do consumo de alcol e drogas en España
  • Causas e efectos na adolescencia
  • Adolescencia, adopción e alcol
  • Prevención e actuación, como o facemos?

DATA: 18/07/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.


LETICIA F. RIVERO

Psicologa sanitaria e xerente do centro Uno Terapias.

Psicóloga por vocación, dirixo o meu traballo cara ao desenvolvemento e o acompañamento das persoas que queren obter a mellor versión de si mesmos. Este obxectivo pode xurdir ao tentar superar un momento complicado, ao descubrir que as túas metas cambiaron, ao dar o paso cara a outra etapa vital ou ao sentir que te atopas estancado nun punto desde hai tempo.

Neste camiño ofrézoche ferramentas e coñecementos que permiten xestionar de forma eficaz e positiva as necesidades que xorden no día a día. Comprender e respectar o que sentimos e os cambios que ocorren na nosa vida é a base para aproveitala de maneira equilibrada.

Todos temos a capacidade para superar as adversidades e dar o mellor de nós, aínda que ás veces non o teñamos claro. E é que, en moitas ocasións, non é o que nos ocorre o que determina a súa importancia, senón como nos enfrontamos a iso.

Utilizando diferentes enfoques e técnicas, creamos un equipo no que ambas as partes temos un rol activo na terapia. Xuntos buscamos a solución dos problemas que che preocupan e achegámonos ao teu benestar emocional.

Máis información: Rivero Psicología / Uno Terapias

Un saúdo
A Xunta Directiva

Details

Date:
Xullo 18
Time:
17:00 - 19:30
Event Tags:
,

Venue

Centro de Convivencia Maruja Mallo
Rúa Primavera, 37
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Phone:
982297505

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario

*