Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

19 de Xullo – Santiago – Coloquio: “Adopción e escola”

Xullo 19 @ 17:00 - 19:00

Ccontinuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Santiago con este interesante coloquio a cargo da Equipa de educación de MANAIA:

– Adopción e escola

O día a día na escola:

  • A importancia do grupo-clase
  • Dentro e fóra da aula
  • As tarefas escolares en casa
  • Exames e horas de estudio
  • comunicación fluida familia-escola
  • Materiais e recursos para profes

Neste obradoiro compartiremos estas e outras inquedanzas e entre todas sumaremos ideas, estratexias… que favorezan o bo desenvolvemento das nosas fillas e fillos no entorno escolar para o vindeiro curso.

DATA: 19/07/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!


Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Details

Date:
Xullo 19
Time:
17:00 - 19:00
Event Tags:
,

Venue

CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL
Rúa Manuel María, nº 6
Santiago de Compostela, Coruña Spain
+ Google Map

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción