Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

20 e 21 de Outubro – Convivencia de Manaia

20 octubre, 2018 @ 11:00 - 21 octubre, 2018 @ 20:00

Prezadas familias socias,
tal e cómo tiñamos pendente, facemos esta actividade segundo as suxestións da Asemblea Infanto/xuvenil da MANAIA.

Os vindeiro días 20 e 21 de outubro organizamos unha pequena convivencia na Casa Vilán sita en Vilán, Fornelos de Montes, ca intención de desfrutar xuntos dun fin de semana especial.

Contaremos con xogos populares, sendeirismo e algunha actividade sorpresa… para peques, adolescentes e maiores… básicamente queremos ofrecer un lugar de contacto, de xogo libre pero, sobre todo, de liberdade para as nenas e nenos da asociación e todos aqueles que, non sendo socios, queiran acompañarnos.

DATAS: 20 e 21 de outubro
LUGAR: Casa de Vilan. Vilán. Fornelos de Montes. Pontevedra
Coordenadas: 42°21’24.6″N 8°26’54.6″W – 42.356819, -8.448487
https://goo.gl/WytL8S

TENDES QUE TRAER:
Xantar para o sábado, sabana baixeira e saco de durmir, almofada quen precise, enseres de hixiene persoal e moitas ganas de pasalo ben.

IMPORTANTE: Non están permitidos aparellos electrónicos (teléfonos, tabletas, maquiniñas de xogos…)

CUSTE: que inclue a cea do sábado o almorzo e xantar do domingo, as merendas e o aloxamento
Persoas socias: adultos 10€
Persoas NON socias: adultos 25€
Nenas/nenos, socias ou non: De balde

COTA CERO: Para as familias que non poidan afrontar o custe da actividade. Calquera familia poderá solicitala, sen dar ningunha explicación, sinalándoo na ficha de inscripción.

PROGRAMACIÓN:
– Sábado 20
11:00 a 14:00.- Recepción de participantes e reparto de tarefas
14:00 a 16:00.- Xantar – co que cada familia teña a ben traer.
16:00 a 18:00.- Actividades
18:00 a 18:30.- Merenda
18:30 a 21.00.- Actividades
21:00 a 23:00.- Cea – Pasta con atún ou verduras
23:00 a………..- O que xurda…

– Domingo 21
09:00 a 10:00.- Almorzo
10:00 a 12:00.- Actividades
12:00 a 12:30.- Merenda
12:30 a 14:00.- Actividades
14:00 a 16:00.- Xantar – Paella
16:00 a 19:00.- Actividades e batallóns de limpeza
19:00 a 20:00.- Despedida

Durmiremos repartíndonos polos diferentes espazos e faremos entre todas e todos as diferentes tarefas precisas para o bo desenvolvemento da actividade (cociña, limpeza, ludoteca…).

INSCRIPCIÓNS: https://goo.gl/forms/T1cF1vB9ZbUOOAAh1

No caso de que convidedes a algunha familia e queira facerse socia so ten que enviar a ficha de persoas socias cuberta antes do evento e iso daralles dereito a acollerse aos prezos de familia socia.

FAMILIAS MANAIAS, ESPERÁMOSVOS A TODAS!!!!!

A Xunta Directiva

Detalles

Comienza:
20 octubre, 2018 @ 11:00
Finaliza:
21 octubre, 2018 @ 20:00
Etiquetas del Evento:

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción