Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

18 de Maio – Santiago – Obradoiro: Achegarse ao teu fillo/a adoptao/a II

18 mayo, 2017 @ 17:30 - 19:30

Continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Santiago cunha sesión máis do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

«Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a II»

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 18/05/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
18 mayo, 2017
Hora:
17:30 - 19:30

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario