Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

21 de Setembro – Santiago – Obradoiro «Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o»

21 septiembre, 2017 @ 17:30 - 19:30

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Santiago ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

1º sesión. Pasado: os primeiros coidados e experiencias vividas

  • O Apego
  • Os primeiros tres anos
  • A impronta das experiencias traumáticas no desenvolvemento

 

DATA: 21/09/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
21 septiembre, 2017
Hora:
17:30 - 19:30

Local

CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL
Rúa Manuel María, nº 6
Santiago de Compostela, Coruña Spain
+ Google Map

Deixa un comentario