Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

24 de Febreiro – Pontevedra – Asemblea Xeral

Febreiro 24 @ 16:30 - 20:30

Dende Manaia convocamos a ASEMBLEA XERAL, a celebrar o sábado 24 de febreiro de 2017, ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.

Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra nesta ocasión, así a Xunta Directiva entrante poderá escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

ORDE DO DÍA

  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Resumo 2017. “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” en convenio ca Xunta de Galicia.
  • Programación 2018.
  • Aprobación contas 2017 e orzamento 2018.
  • Peche conta bancaria en ABANCA.
  • Convenio PESTUDIO – MANAIA. Aprobación.
  • Aumentar os fins da Asociación cara o Acollemento. Aprobación.
  • Cambio nos estatutos para incluir o Acollemento. Aprobación.(No caso de aprobar o anterior)
  • Cambio de denominación da Asociación. Aprobación
  • Presentación candidaturas e votación da renovación Xunta Directiva.
  • Aportacións e ideas das socias e socios.
  • Rogos e preguntas

ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL

Ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, paralelamente a Asemblea Xeral, terá lugar na biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela a 3º Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA ca participación de todas as socias e socios menores de 18 anos.

ORDE DO DÍA

  • Breve explicación do funcionamento da Asemblea
  • Propostas de actividades nas ludotecas de MANAIA
  • Aportacións e ideas das socias e socios.
  • Rogos e preguntas

Na Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA non será permitida a participación de calquera socia ou socio maior de 18 anos.

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

Coma sempre tódolas persoas socias poderán convidar a quen queira coñecernos.

Pola mañá, de 11:30 a 14:00, temos a Charla/Coloquio da Equipa de Educación de Manaia: “RACISMO E ESCOLA”

DE 11:00 A 11:30 e de 14:30 a 16:30 PODEREMOS ESTACIONAR NO APARCADOIRO PRIVADO DO COLEXIO.

 

Details

Date:
Febreiro 24
Time:
16:30 - 20:30
Event Tags:
,

Venue

CEIP Manuel Vidal Portela
Av. de Buenos Aires, s/n, 36002
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Phone:
986 858234

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario