Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

24 de Novembro – Ferrol – Charla/Coloquio: «Privilexio Branco, Cara á transformación dunha sociedade antirracista»

24 noviembre, 2018 @ 11:30 - 19:30

A cargo de CARI McCAY.-

Filla adoptiva de orixe guineano e afroamericano. Vive en Barcelona onde foi adoptada por una familia catalana no 1976.

Traballadora Social (especializada en saúde mental) pola Universidade Brunel de Londres, onde traballou durante varios anos en Centros de Saúde Mental. Actualmente traballa nun servizo de mediación en temas de vivenda.

Dende fai anos adícase a impartir charlas, conferencias e obradoiros coa fin de educar e compartir experiencias con todas aquelas persoas que, dun xeito ou outro, están relacionadas ca adopción.

CHARLA/COLOQUIO

– 11:30 a 14:00 Salón de actos

Porqué fálase tanto do privilexio branco? Que é? Nesta charla teremos a oportunidade de coñecer e debater sobre o modo en que a sociedade favorece a uns e discrimina a outros. As vivencias e experiencias das persoas que non pertencen á maioría son a miúdo silenciadas ou descartadas. Como axudamos aos nosos fillos para vivir nun mundo que é cada día máis complexo?

XANTAR/PICNIC

– 14:30 a 16:30 Centro Cívico de Canido

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIROS PRIVILEXIO BRANCO

– 16:30 a 17:30 – INFANTO XUVENIL Salón de actos

– 17:30 a 19:30 – PARA FAMILIAS Salón de actos

Contando coa dirección de Cari plantexamos estes obradoiros onde tentar darlle respostas ás diferentes cuestións que nos plantexa o privilexio branco, dende a perespectiva das nenas e nenos adoptados e dende a das familias.

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 contaremos con servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Detalles

Fecha:
24 noviembre, 2018
Hora:
11:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:
,