Loading Events

« All Events

24 de Xaneiro – Ferrol – Coloquio “Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino”

Xaneiro 24 @ 17:00 - 19:00

Comezamos as actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” no 2019 en Ferrol con este coloquio a cargo de Antón Mouriz, pai adoptado e coordinador do programa:

– Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…
Nesta charla/coloquio contaremos con Antón para relatarnos a súa viaxe a China no 2018. A través do seu relato tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

        DATA: 24/01/19
        HORA: 17:00 – 19:00
        LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Details

Date:
Xaneiro 24
Time:
17:00 - 19:00
Event Tags:
,

Venue

Centro Cívico de Canido (Ferrol)
Rúa Poeta Pérez Paralle
Ferrol, Coruña 15401 Spain
+ Google Map

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción