Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

24 de Xuño – Ourense – Charla / Coloquio «As familias da adopción: biolóxicas e adoptivas»

24 junio, 2017 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos a cuarta actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Cívico A Ponte en Ourense o vindeiro sábado 24 de xuño co título:

– «As familias da adopción: biolóxicas e adoptivas»

A cargo de LILA PARRONDO

Licienceime en Psicología na Universidade Autónoma de Madrid, e desde 1980 dediqueime a temas de infancia e familia, tanto en Arxentina como en España.
A miña especialización comezou en temas de infancia discapacitada, traballei no Hospital Nacional de Rehabilitación Psicofísica en Bos Aires e fun profesora da Escola de Terapia Ocupacional. Xa en Madrid formei parte do Equipo de Atención Temprana do Hospital Infantil Universitario do Neno Jesús.
No campo da adopción, impartín cursos de preparación para a adopción en Arxentina, formei parte da Quenda de Intervención Profesional para a Adopción Internacional (TIP-AI) do Colexio de Psicólogos de Madrid, traballei como psicóloga nunha Entidade Colaboradora para a Adopción Internacional.
Desde o ano 2000, dirixo e coordino Adoptantis, un Centro de información, preparación e apoio psicoterapéutico para familias adoptantes. Desde 2005 a 2011, Adoptantis tivo ao seu cargo o Programa de Apoio Postadoptivo do Instituto Madrileño da Familia e o Menor. Tamén traballei na formación de familias solicitantes de adopción para o Instituto Madrileño da Familia e o Menor.
Desde o ano 2004 dirixo «El periódico de la Adopción», unha publicación en liña mensual dedicada a familias e profesionais interesados na temática. Adoptantis elaborou «Adoptar, Integrar, Educar. Guía de orientación para educadores e familias». Organicei charlas divulgativas, impartido conferencias e clases sobre a temática adoptiva e pertenzo ao Grupo de Investigación AFIN

CHARLA/COLOQUIO

  • 11:30 a 14:00 Salón de actos do Centro Cívico A Ponte

As familias biolóxicas e as familias adoptantes forman, xunto aos fillos, o triángulo da adopción.
Quen son os biolóxicos, como viven a separación?, Quen son os adoptivos, como viven o encontro?
A vinculación é igual en todos os modelos de familias adoptantes?
As pantasmas e os medos, duns e outros, os retos e desafíos aos que se verán enfrontados, serán cruciais para o desenvolvemento da identidade dos fillos

XANTAR/PICNIC

  • 14:30 a 16:30 Centro Cívico A Ponte

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO «Como manexamos a familia de orixe cas nosas fillas e fillos?»

  • 16:30 a 19:30 Salón de actos do Centro Cívico A Ponte

Contando coa dirección de Lila Parrondo plantexamos un obradoiro para nais e pais onde continuar, de xeito máis práctico, ás diferentes cuestións que plantexamos na charla da mañá..

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 contaremos con servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

 

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

 

Un saúdo

A Xunta Directiva

Detalles

Fecha:
24 junio, 2017
Hora:
11:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario