Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

25 de Novembro – Vigo – Charla / Coloquio «Coñecendo, narrando e buscando as orixes: cara á apertura e integración»

25 noviembre, 2017 @ 11:30 - 20:00

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no VIGOZOO en Vigo o vindeiro sábado 25 de novembro co título:

Coñecendo, narrando e buscando as orixes: cara á apertura e integración

A cargo de IRENE SALVO AGOGLIA

Psicóloga pola Universidade de Chile, Master en Asesoramento e Orientación Familiar pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Buenos Aires.

Desde hai 15 anos desempéñase como docente, investigadora e consultora especializada en materia de diversidade familiar, xénero e adopcións en diversos organismos gobernamentais, non gobernamentais e institucións académicas. Foi coordinadora académica e docente do Diplomado de Actualización en Adopción “Desde a teoría aos modelos de intervención”, ditado para profesionais do Departamento de Adopción de SENAME (Chile), co-investigadora en diversos estudos sobre a temática adoptiva, autora de publicacións académicas e recentemente integrante do equipo de investigación AFIN da Universidade de Barcelona. Entre outras publicacións, foi editora do Libro: “Adopcións en Chile: políticas, intervencións e investigacións” (Edicións Universidade Alberto Furtado, 2017).

Actualmente é investigadora responsable do estudo: “Adopcións en Chile: a construción de narrativas sobre as orixes e a identidade” (2017-2020), financiado pola Comisión Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (CONICYT) do Goberno de Chile.

CHARLA/COLOQUIO

11:30 a 14:00 Salón de Actos de Vigozoo

Nesta charla abordaremos e reflexionaremos xuntos sobre os procesos de coñecemento, comunicación, construción de narrativas e procuras de orixes, dado que constitúen un dos desafíos considerados máis complexos por gran parte dos integrantes das familias adoptivas. As transformacións sociais, legais e tecnolóxicas están a influír fortemente nestes procesos e ofrecen unha oportunidade única para repensar o lugar das orixes na historia de cada familia e persoa que foi adoptada. Neste novo escenario, reflexionaremos sobre o rol crave das nais e pais para deixar atrás os segredos e estigmas asociados tradicionalmente á adopción e acompañar de forma comprensiva e empática aos seus fillos/as no coñecemento das súas historias de vida e/ou o contacto con algúns integrantes das súas familias de orixe, de maneira de alcanzar maiores graos de integración nas súas identidades e historias de vida e de que todos os implicados transiten cara a narrativas e prácticas de maior continuidade e apertura.

XANTAR/PICNIC

14:30 a 16:30 Vigozoo

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

CINEMA FORUM “Lion”

16:30 a 20:00 Salón de Actos de Vigozoo

A partir da exhibición da película “Lion”, Irene Salvo realizará unha análise para logo facilitar un espazo de diálogo e intercambio sobre a temática da procura de orixes na adopción, así como outros tópicos estreitamente vinculados.

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00

Contaremos con servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado. Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
25 noviembre, 2017
Hora:
11:30 - 20:00
Etiquetas del Evento:

Local

VigoZoo
Plaza de los Leones s/n. Madroa
Vigo, Pontevedra 36316 Spain
+ Google Map
Teléfono:
986 26 77 83
Web:
http://www.vigozoo.com

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario