Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

26 de Maio – Santiago – Charla/Coloquio: «Diálogo entre familias arredos dos contidos da sexualidade»

26 mayo, 2018 @ 11:30 - 20:00

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, o vindeiro sábado 26 de maio co título:

DIÁLOGO ENTRE FAMILIAS ARREDOR DOS CONTIDOS DA SEXUALIDADE

A cargo de DÉBORA BAZ RODRÍGUEZ

Graduada Social na Uvigo e Experta en Sexualidade Humana pola UNED. Socia fundadora e Directora de AMATURI Gabinete de Formación Sexual especializado na discapacidade intelectual, na investigación da sexualidade e na elaboración de materiais pedagóxicos específicos. Foi relatora en múltiples xornadas, e educadora afectivo sexual en diferentes ámbitos relacionados ca educación. Ven de presentar a publicación de catro guías en escritura sinxela, “O universo da sexualidade”, “ O universo da diversidade sexual”, “O universo emocional”, “O universo da familia”, baixo encargo da fundación ADCOR.

CHARLA/COLOQUIO

11:30 a 14:00 Centro Sociocultural de Conxo

As fillas/os reciben a influencia da cultura sexual da súa familia e o desenvolvemento puberal da/o adolescente é acollido con grande ansiedade. O medo a non saber qué nin cómo responder, a propia moral de cada familia e as moitas lagoas que se acumulan arredor da sexualidade das nosas fillas/os fai que en moitos casos, ante a aparición dunha conduta de tipo sexual, a resposta máis frecuente sexa a de reprimir, minimizar, obviar ou anular dita conduta. A familia debe de transmitir aqueles valores que considera axeitados, pero coa salvedade de ter en conta os cambios sociais e de actitudes que se están a producir, e sempre dende o respeto cara a identidade das fillas/os, que non ten que coincidir co modelo familiar. Nesta xornada de traballo imos propoñer as seguintes abordaxes: A sexualidade dende a identidade, os afectos e o pracer. A construcción sexual da persoa. Revisión dos propios valores e actitudes da familia ante a sexualidade. Consenso do grupo nalgúns criterios guía sobre os apoios á construcción sexual dos fillos e fillas dende a familia.

XANTAR/PICNIC

14:00 a 17:00 Centro Sociocultural de Conxo

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO

17:00 a 20:00 Centro Sociocultural de Conxo

Continuación da charla da mañá e coa dirección de Débora Baz plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal onde entender a sexualidade como algo mais aló da xenitalidade, incluíndo nela o amor, a afectividade, a corporeidade, a procura do pracer…

LUDOTECA

De 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Detalles

Fecha:
26 mayo, 2018
Hora:
11:30 - 20:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Sociocultural Aurelio Aguirre
Plaza de Aurelio Aguirre, 1
Santiago de Compostela, Coruña 15702 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 52 87 40
Web:
https://www.facebook.com/centro-sociocultural-de-conxo-1605752506392514/

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción