Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

28 de Abril – Lugo – Condutas de risco dxs adolescentes adoptadxs

28 abril, 2018 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo en Lugo o vIndeiro sábado 28 de abril co título:

DE QUE NOS FALAN AS CONDUTAS DE RISCO DXS ADOLESCENTES ADOPTADXS?

A cargo de VINYET MIRABENT JUNYENT

Psicóloga clínica y psicoterapeuta. Directora do Centro Médico Psicolóxico e do Equipo de Adopcións da Fundació Vidal e Barraquer de Barcelona, entidade recoñecida como Institución Colaboradora en Integración Familiar e en convenio, vixente na actualidade, coa administración.

Ten experiencia clínica e psicoterapéutica con nenos, adolescentes e adultos adoptados e orienta e asesora ás familias e centros escolares. Participou coma relatora en distintas xornadas e congresos organizados por distintas entidades: Asociación Catalá de Atención Precoz, a Fundació Vidal i Barraquer Universidade Ramón Llull, o Instituto Madrileño do Menor e a Familia, ou a Conselleria de Benestar Social de Valencia e de Sevilla, o CIMU de Barcelona, a Rede temática de adopción internacional, e distintas asociacións de pais adoptivos. Tamén impartiu conferencias a profesores e mestres en diferentes centros escolares.
Publicou distintos artigos en revistas profesionais, é coautora e compiladora do libro editado por Paidos-Fundació Vidal i Barraquer “Adopción e vínculo familiar. Crianza, escolaridad e adolescencia en adopción internacional” Ed. Paidós, e colaborou noutros libros tamén relacionados coa temática da adopción.


CHARLA/COLOQUIO

11:30 a 14:00 Salón de Actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo

Numerosas familias adoptivas teñen fillas/os adolescentes que presentan condutas de risco que poden xerar unha gran conflitividade familiar. Detrás destas situacións percíbese un gran sufrimento por parte de todos, especialmente das mozas/os. Ansiedades relacionadas co dó e perdas que non se elaboraron ao longo da infancia, ou secuelas das carencias e neglixencias vividas antes da adopción, ou a complexa integración da diferenza racial… Os cambios e novidades propios da primeira mocidade abren unha fenda por onde eclosionan estas inquedanzas, uníndose a que as nais e pais tamén viven distintos dós que se suman aos da filla/o. Na charla abordásense estas situacións buscando transmitir a adolescencia como unha etapa de oportunidade para resolver conflitos anteriores, para axudar a que a filla/o constrúa unha personalidade adulta sólida e integrada.

XANTAR/PICNIC

– 14:00 a 16:30 Centro de Convivencia Maruja Mallo

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO

– 16:30 a 19:30 Sala Exposicións do Centro de Convivencia Maruja Mallo

Contando coa dirección de Vinyet Mirabent plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal, ca intención de axudar as nais e pais a entender as vivencias dos fillos, tamén a que se sintan apoiados e comprendidos nos seus sentimentos e dilemas, para así tentar atopar os recursos propios, ou profesionais, que encamiñen e melloren as situacións de conflito.

LUDOTECA

– De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

Máis información en http://www.manaia.es – https://www.facebook.com/adopcionmanaia – manaia@manaia.es – 688 927 124

Detalles

Fecha:
28 abril, 2018
Hora:
11:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro de Convivencia Maruja Mallo
Rúa Primavera, 37
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982297505

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción