Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

15 e 16 de setembro – 2º Congreso Galego de Adopción

15 septiembre, 2017 @ 09:00 - 16 septiembre, 2017 @ 22:00

2º Congreso Galego de Adopción

Despois dun primeiro Congreso, que consideramos foi un éxito, cumprimos a nosa promesa de facelo bianual e, ainda que un pouco máis tarde do desexado, voltamos con forzas renovadas para organizar este 2º Congreso Galego de Adopción.

En MANAIA seguimos pensando que a mellor maneira de axudar ás nosas nenas e nenos, presentes e futuros, segue a ser o compromiso coa información veraz e a formación de calidade para todas as persoas que, nalgunha medida, nos enfrontamos ao reto de ofrecerlles un mundo mellor.

Terá lugar en Pontevedra o 15 e 16 de setembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O domingo 17 faremos unha xuntanza familiar no CEIP Vidal Portela, con cine, obradoiros, xantar/picnic… non o perdades.

Esperamos que sexa do voso agrado e pedímosvos que, amáis de inscribirvos, lle dedes toda a difusión posible.

Tendes toda a información na páxina web e no facebook do congreso.

Este ano, cheo de cambios na asociación, queremos reflexionar sobre as expectativas xeradas arredor do eido adoptivo e confrontalas coas realidades que, tanto as nenas e nenos como as familias e os técnicos e profesionais, atopamos no noso día a día. As administracións, os servizos sociais, a escola e a sociedade en xeral teñen que coñecer estas realidades para mellorar o xeito no que actúan, de forma que a adopción se convirta realmente nunha verdadeira medida de protección á infancia.

Repetimos o deseño do congreso cun formato dinámico e unha temática diversa, pensando, non tanto en ofrecer solucións concretas, senón en xerar reflexión respecto da figura da adopción.

Grazas a todas e cada unha das persoas que o facedes posible, especialmente ás socias e socios de MANAIA, sen as cales este congreso continuaría a ser unha utopía

Detalles

Comienza:
15 septiembre, 2017 @ 09:00
Finaliza:
16 septiembre, 2017 @ 22:00
Etiquetas del Evento:
Web:
http://www.congresogalegodeadopcion.gal

Local

Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n
Pontevedra, Pontevedra 36005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
986 83 30 61
Web:
http://www.pazodacultura.org

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario