Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

3 de Maio – Pontevedra – Obradoiro: “Unha viaxe a China”

Maio 3 @ 17:30 - 19:30

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Pontevedra cun obradoiro a cargo de Bea, nai adoptiva, que leva por título:

– Unha viaxe a China. Regresar ao pasado para construir o futuro

Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…

Nesta charla/coloquio contaremos con Bea, nai adoptiva de unha nena e un neno de orixe chinés, para relatarnos a súa viaxe a China no 2017. A través da súa experiencia tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…

DATA: 03/05/18
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Details

Date:
Maio 3
Time:
17:30 - 19:30
Event Tags:
,

Venue

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Phone:
606 98 77 43

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción