Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

30 de Junio – Vigo – Diálogo cas familias adoptivas

Xuño 30 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos outra actividade máis de sábado do “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar no ZOOVIGO en Vigo o vindeiro sábado 30 de xuño co título:

DIÁLOGO CÁS FAMILIAS ADOPTIVAS

Presentación do libro “Siete vidas tiene un gato”

A cargo de JOSÉ ÁNGEL GIMÉNEZ ALVIRA
pai adoptivo, psicólogo xubilado e autor do libro “Indómito y Entrañable”. Traballou en temas de acollemento e adopción no Goberno de Aragón.

e CARMEN JULVE
Nai adoptiva, pedagoga e profesora da Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza. Ten investigado en temas de pedagoxía Social. Actualmente xubilada.

CHARLA/COLOQUIO

– 11:30 a 14:00 Auditorio do Vigozoo

O libro que imos presentar, a modo de diálogo con Carmen e José Ángel, recolle a conversación e testemuña que a familia compartiu na intimidade dun encontro entre familias adoptivas e acolledoras celebrado en Segovia en xuño do 2017.

O camiño sen retorno da paternidade ou maternidade adoptiva, o amor incondicional, a necesidade de comprender a historia de vida das nenas e nenos previa á adopción xunto coa constatación de que o abandono dunha persoa non determina a súa vida, foron algúns dos temas dos que se falaron durante a xornada. A vida e testemuña de Marcos -o Toni do libro Indómito e entrañable, de José Ángel Giménez Alvira- constitúen un exemplo claro da capacidade das persoas para reparar o dano cando hai unha contorna familiar próxima, segura, cálida e protectora.

XANTAR/PICNIC

– 14:00 a 16:30 Vigozoo

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos presta, o café).

OBRADOIRO “Intercambiando experiencias”

– 16:30 a 19:30 Auditorio do Vigozoo

Continuación da charla da mañá e coa dirección de Carmen e José Ángel plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal onde, a través das preguntas que lles fagamos e compartindo as nosas propias experiencias, poidamos reflexionar sobre os procesos, as relacións e as espeficidades adoptivas que nos preocupen ou interesen.

LUDOTECA

– De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!

Máis información en www.manaia.eshttps://www.facebook.com/adopcionmanaiamanaia@manaia.es – 688 927 124

Details

Date:
Xuño 30
Time:
11:30 - 19:30
Event Tags:
, ,

Venue

VigoZoo
Plaza de los Leones s/n. Madroa
Vigo, Pontevedra 36316 Spain
+ Google Map
Phone:
986 26 77 83
Website:
http://www.vigozoo.com

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción