Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

5 de Outubro – Pontevedra – Obradoiro “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a” (2 de 3)

Outubro 5 @ 17:30 - 19:30

Continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Pontevedra ca segunda parte, de tres, do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 05/10/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

MAGDALENA OTERO MARTÍNEZ

Psicóloga e Terapeuta Familiar. No curso 2009/2010, formou parte da segunda promoción do Postgrao en Acollemento, Adopción e Postadopción da Universidade de Barcelona en convenio coa Ramón Llull.

Desenvolve a súa labor profesional diaria como:

  • Co-directora en “Paradoxo”, centro no que, fundamentalmente, realiza unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, a través de charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no eido da adopción, tanto para organismos públicos, privados e asociacións. Aínda que tamén realiza terapia con casos que non están vencellados á adopción, ademais de reeducación escolar.
  • Está ao fronte do Departamento de Orientación Educativa nun centro escolar en Vigo, no que se imparten ciclos medios e FPB (Formación Profesional Básica).
  • Tamén cómpre destacar a súa experiencia laboral previa nun Centro de Menores.

Un saúdo
A Xunta Directiva

Details

Date:
Outubro 5
Time:
17:30 - 19:30
Event Tags:
,

Venue

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Phone:
606 98 77 43

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario

*