Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

5 de Setembro – Ourense – «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a III»

5 septiembre, 2017 @ 17:00 - 19:30

Despois do parón no mes de agosto continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca terceira e última sesión do obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a III

  • Cales son as nosa cualidades como nais e pais?
  • Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
  • Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
  • Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?
  • Neste obradoiro tentaremos buscarlle respostas a estas inquedanzas.

DATA: 05/09/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

NURIA LAGO

Nuria Lago Fernández é Psicóloga, Terapeuta Familiar Sistémica e Postgraduada en Acollemento, Adopción e Postadopción pola Universidade de Barcelona en convenio coa Universidade Ramón Llull.

A súa labor profesional como co-directora en Paradoxo comezou no ano 2007, sendo a súa experiencia laboral previa, como psicóloga, nunha ECAI (Empresa Colaboradora de Adopción Internacional).
Ademais da terapia e a reeducación escolar, no seu centro desenvolven charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no eido da adopción, así coma noutros eidos vencellados á psicoloxía, tanto para organismos públicos, como privados e asociacións.

En Xaneiro de 2008, imparten o seu primeiro obradoiro de adopción para a asociación Manaia coa que levan colaborando dende entón na formación de familias adoptivas. Nesa mesma época, Paradoxo comezou a realizar unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, que continua na actualidade.

Un saúdo
A Xunta Directiva

Detalles

Fecha:
5 septiembre, 2017
Hora:
17:00 - 19:30
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario