Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

5 de Xullo – Pontevedra – Obradoiro «Adolescencia, adopción e comunicación III»

5 julio, 2018 @ 17:30 - 19:30

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Pontevedra con este interesante coloquio a cargo da equipa de educación de Manaia:

– Adopción e escola

O día a día na escola:

  • A importancia do grupo-clase
  • Dentro e fóra da aula
  • As tarefas escolares en casa
  • Exames e horas de estudio
  • Comunicación fluida familia-escola
  • Materiais e recursos para profes

Neste obradoiro compartiremos estas e outras inquedanzas e entre todas sumaremos ideas, estratexias… que favorezan o bo desenvolvemento das nosas fillas e fillos no entorno escolar para o vindeiro curso.

DATA: 05/07/18
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida.O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
5 julio, 2018
Hora:
17:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:

Local

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción