Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

6 de Novembro – Ourense – Obradoiro «O desenvolvemento sexual na infancia e adolescencia III»

6 noviembre, 2018 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca terceira sesión, de tres, dun interesante obradoiro a cargo da psicóloga Vanessa Rodríguez Pousada, membro de ASEIA:

O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN.

A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable. É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación dos nosos fillos e fillas, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respeto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.

DATA: 06/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

O longo da formación traballaranse os seguintes contidos:

  • Aspectos clave na infancia a adolescencia: farase un achegamento os diferentes intres evolutivos e cambios importantes que se producen nesta etapa.
  • Pautas de comunicación: traballarase sobre aqueles aspectos que poden axudar ou empeorar a comunicación no area sexual entre nais/pais e fillas/os.
  • Mitos sobre a sexualidade: a día de hoxe os adolescentes asumen como naturais diferentes mitos que son transmitidos pola sociedade.
  • Modelos de masculinidade e feminidade no social: farase unha análise crítica dos modelos transmitidos por diferentes canles; prensa, tv, películas, literatura…

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

VANESSA ROGRÍGUEZ POUSADA .

Psicóloga e Psicopedagoga con unha larga traxectoria na intervención educativa terapéutica e institucional con xoves. Profesora colaboradora da Universitat Oberta de Catalunya no Máster de Psicopedagogía. Membro fundadora de ASEIA e forma parte de la directiva de la Sociedade Galega de Sexoloxía.

ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias.


Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
6 noviembre, 2018
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción