Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

6 de Xullo – Pontevedra – “Por unha relación de bo trato con nós e coas nosas fillas e fillos II”

Xullo 6 @ 17:30 - 19:30

Continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Pontevedra ca segunda parte do obradoiro dirixido por Tareixa Ledo que leva por título:

– “Por unha relación de bo trato con nós e coas nosas fillas e fillos” II

Obxectivos

Como nais/pais, sentímonos ás veces confusas/os ante a maneira de facer das nosas fillas e fillos. Atopamos dificultade para abordar situacións conflitivas e sentímonos mesmo desbordadas/os en ocasións… Permitimos que nos envolvan en pelexas e sáenos o enfado, a impotencia e mesmo a culpa por non saber facer mellor, enfadámonos con nós mesmas/os e terminamos esgotadas/os…
Este obradoiro é un espazo para atopar ferramentas e estratexias para construír relacións de Botrato coas nosas fillas e fillos.
Imos parar con nós mesmas/os, ver como escoitarnos mellor, para saber parar con elas/es e poder escoitalas/os mellor.

Contidos xerais

Respiracións – Relaxacións – Linguaxe corporal – O corpo da dignidade O corpo das emocións – Relacións de bo trato

O obradoiro constara de dúas sesións, 1 de xuño e 6 de xullo

Traede roupa cómoda xa que faremos actividades no chan.

DATA: 06/07/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Liñares. Andar 1. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

TAREIXA LEDO

Desde a miña formación inicial como licenciada en Socioloxía (Deusto, 1985), a miña experiencia laboral de máis de 30 anos centrouse sempre en facilitar a transformación e o cambio a nivel social, grupal e persoal.
A partir do ano 2007 iniciei unha formación en Estudos de Xénero na Universidade de Vigo (Posgrao, 2007-2008) e en Terapia do Reencontro na Universidade de Alcalá de Henares con Fina Sanz : Máster en Autocoñecemento, sexualidade e relacións humanas (2007-2008), Experta en Coordinación de Grupos Comunitarios para a Saúde (2009), Máster de Educación Sexual para a Saúde Comunitaria e Terapia Sexual (2011-2012).
Desde entón facilito espazos de Terapia de Reencontro, unha metodoloxía que traballa o autocoñecemento para o cambio, a sexualidade para o pracer e as relacións humanas para o bo trato. Espazos, todos eles, para a saúde integral desde unha perspectiva de xénero.

Máis información no blogue Reencontro

Un saúdo
A Xunta Directiva

Details

Date:
Xullo 6
Time:
17:30 - 19:30
Event Tags:
,

Venue

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Phone:
606 98 77 43

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario

*