
- Este evento ha pasado.
6 de Xuño – Ourense – Obradoiro «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»
6 junio, 2017 @ 17:00 - 19:30

continuamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ourense cun obradoiro a cargo de Nuria Lago, sicóloga de Paradoxo, sobre:
– «A influencia das túas experiencias pasadas, na relación co teu/túa fillo/a adoptado/a»
Cales son as nosa cualidades como nais e pais?.
Cales son as situación nas que me sinto máis incómodo ou seguro ca miña filla ou fillo?
Algún tema ou vivencia pasada miña está a interferir na nosa relación actual?.
Poden as nosas experiencias pasadas negativas ou traumáticas, se non están totalmente elaboradas, influir e condicionar a relación e o vínculo cas nosas fillas e fillos?
DATA: 06/06/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
NURIA LAGO
A súa labor profesional como co-directora en Paradoxo comezou no ano 2007, sendo a súa experiencia laboral previa, como psicóloga, nunha ECAI (Empresa Colaboradora de Adopción Internacional).
Ademais da terapia e a reeducación escolar, no seu centro desenvolven charlas, cursos, obradoiros e demais accións formativas no eido da adopción, así coma noutros eidos vencellados á psicoloxía, tanto para organismos públicos, como privados e asociacións.
En Xaneiro de 2008, imparten o seu primeiro obradoiro de adopción para a asociación Manaia coa que levan colaborando dende entón na formación de familias adoptivas. Nesa mesma época, Paradoxo comezou a realizar unha labor de asesoramento e psicoterapia con familias adoptivas, que continua na actualidade.