Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

7 de Decembro – Pontevedra – Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

7 diciembre, 2017 @ 17:30 - 19:30

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense cun coloquio sobre:

– Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

Levamos un ano poñendo en marcha o «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2018, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.

  • Son os espacios e os horarios axeitados?
  • En que temas estamos interesadas?
  • Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
  • Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?

Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)

DATA: 07/12/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.  Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
7 diciembre, 2017
Hora:
17:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:

Local

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario