Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

7 de Novembro – Ourense – Obradoiro «Introdución á Disciplina Positiva»

7 noviembre, 2017 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense cun obradoiro a cargo de Pilar Rey Suárez. sobre:

– Introdución á Disciplina Positiva

A Disciplina Positiva é unha metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs. Este enfoque non inclúe nin o control excesivo nin a permisividade. Baséase no respecto mutuo e a colaboración, trátase de que podamos ensinar aos nosos fillos/as competencias básicas para a vida, de axudar aos pais e nais a entrar no mundo dos nenos/as e descubrir o que funciona e o que non.

Coa Disciplina Positiva buscamos alternativas ao castigo e está orientada ás familias que busquen habilidades de ensino a longo prazo, que queiran que os seus fillos/as poidan pensar por se mesmos/as, que sexan máis responsables e teñan máis respecto por se mesmos/as e polos/as demais.

DATA: 07/11/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

PILAR REY SUÁREZ

Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en pérdidas, duelo e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona.Posgrao en Couseling de duelo e pérdidas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

Detalles

Fecha:
7 noviembre, 2017
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario