Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

8 de Maio – A Coruña – OBRADOIRO: Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

Maio 8 @ 17:00 - 19:00

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en A Coruña ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

1º sesión. Pasado: os primeiros coidados e experiencias vividas

  • O Apego
  • Os primeiros tres anos
  • A impronta das experiencias traumáticas no desenvolvemento

DATA: 08/05/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo


EDUARDO BARCA ENRIQUEZ

Psicoterapeuta infanto-xuvenil e Psicólogo Xeral Sanitario nº G-03306, Especialista en Adopción e Post-adopción, Traumaterapia Infantil Sistémica (Rede Apega – Formado con Jorge Barudy) e dificultades de aprendizaxe e conductuais en nenas e nenos vítimas de malos tratos, abuso e/ou neglixencia. Director de BOGA Psicólogos (A Coruña). Doutor en Psicoloxía pola UVigo cunha tese sobre as dificultades conductuales e cognitivas na adopción segundo as súas vivencias temperás. Profesor Universitario e Investigador na Universidade da Coruña desde 2009. Co-autor en distintos libros: “ Neuropsicología del Abandono y el Maltrato Infantil” e “Motivación y Aprendizaje Escolar”.

Details

Date:
Maio 8
Time:
17:00 - 19:00
Event Tags:
,

Venue

Centro Cívico San Diego
Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro
A Coruña, Coruña 15006 Spain
+ Google Map
Phone:
981 13 92 55

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción