Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

8 de Novembro – Vigo – Obradoiro «Disciplina positiva 2/3»

8 noviembre, 2018 @ 19:00 - 21:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense ca primeira sesión, de tres, do obradoiro a cargo de Pilar Rey, sobre:

– Disciplina Positiva: educando con amabilidade e firmeza

DATA: 08/11/18
HORA: 19:00 – 21:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Metodoloxía baseada na teoría de Alfred Adler e Rudolf Dreikurs (1920), no ano 1980 Jane Nelson e Lynn Lott escriben un manual de educación para nais e pais. Este modelo educativo axuda aos adultos a entender a conduta inadecuada das nenas e nenos.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Os criterios a ter en conta para unha disciplina positiva son:

  • Amabilidade e firmeza ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora), sen caer na permisividade e ausencia de límites
  • Conexión que axuda as nenas e nenos para ser tidos en conta e sentirse importantes
  • Eficaz a longo prazo
  • Ensina competencias sociais, respecto, interese polos demais, habilidade para resolver problemas, responsabilidade, participación, colaboración…
  • Axuda as nenas e nenos a que desenvolvan as súas habilidades e sexan conscientes delas

Nestes obradoiros tentaremos acadar as habilidades necesarias para poñer en práctica o aprendido sobre Disciplina Positiva.

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.


PILAR REY SUÁREZ

Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en pérdidas, duelo e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Posgrao en Couseling de duelo e pérdidas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

Detalles

Fecha:
8 noviembre, 2018
Hora:
19:00 - 21:00
Etiquetas del Evento:
,

Local

Oficina Areal Vigo
Oficina 7. Areal, 138
Vigo, Pontevedra Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción