Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9 de Outubro – A Coruña – Obradoiro: «Adopción e identidade»

9 octubre, 2018 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña con este interesante obradoiro a cargo de Dolores Bouza Vidal, sicóloga e nai adoptiva, que leva por título:

ADOPCIÓN E IDENTIDADE

Neste obradoiro abordaremos entre todas como axudar as nosas fillas e fillos a colocar o sentimento de abandono e a dobre árbore xenealóxica nas súas historias de vida.

DATA: 09/10/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
9 octubre, 2018
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico San Diego
Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro
A Coruña, Coruña 15006 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 13 92 55

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción