Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

A Coruña – Obradoiro: Xestionando situacións sociais incómodas

21 febrero, 2018 @ 17:00 - 19:00

ATENCIÓN: esta actividade múdase para esta data porque o seu día habitual, martes 13, é festivo, despois seguirá sendo os 2º martes de cada mes.
—————————————————————-
Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña cun obradoiro moderado por Dolores Bouza Vidal, sicóloga e nai adoptiva, que leva por título:

– Xestionando situacións sociais incómodas

¿Molestos con algún comentario sobre a vosa forma de ser familia? ¿Doídos por faltas de respeto hacia as orixes dos vosos fillos? ¿Tristes por non saber as veces qué resposta dar? ¿Con medo a non ter suficientes ferramentas para resolver estas situacións?

Neste obradoiro, contando cas experiencias das persoas participantes, tentaremos acadar respostas e extratexias cara enfrontar do mellor xeito posible futuras situacións sociais incómodas.

DATA: 21/02/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
21 febrero, 2018
Hora:
17:00 - 19:00
Web:
https://www.facebook.com/events/146483089491033

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario