Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Acompañamento na sexualidade desde a diversidade étnico-racial 3

23 julio, 2020 @ 18:00 - 20:00

Continuamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS», desta vez de xeito virtual, poñendo en marcha terceira e última sesión deste obradoiro a cargo de Jeane Costa sobre:

ACOMPAÑAMENTO NA SEXUALIDADE DESDE A DIVERSIDADE ÉTNICO-RACIAL

A educación sexual desde a diversidade étnico-racial cobra máxima relevancia na formación integral infanto-xuvenil, porque explica procesos transcendentais como a construción da identidade ou as relaciones socio-psico-afectivas na pluralidade cultural.

Por iso, propoñemos estes espazos para que falemos e atopemos as ferramentas imprescindibles para acompañar o desenvolvemento a nivel biolóxico, psicolóxico e social, entendendo a sexualidade como comunicación humana e fonte de saúde, afecto e pracer.

1. A MIRADA – 28/5
A mirada desde a diversidade étnico-racial sobre a sexualidade e a corporalidade. Que factores, características e procesos poden xurdir cando facemos educación-sexual?

2. INICIAR A CONVERSACIÓN – 25/6
Recursos, técnicas e materiais para a educación afectivo-sexual.

3. QUE NON ESQUECER – 23/7
Xestión emocional e coidado desde outros marcos referenciais: amor romántico, diversidade sexual, autoestima e responsabilidade afectiva.

Dirixido por:
JEANE COSTA
Graduada en Maxisterio – Educación Infantil. Máster en Sexología e Xénero. Máster en Autoconocimiento, Sexualidade e Relacións Humanas en Terapia Reencontro. Programadora e coordinadora docente de diversos programas de Educación Afectivo Sexual. «O meu traballo oriéntase a diversos colectivos na área de asesoramento sexológico, formación sexológica a profesionais, deseño e impartición de seminarios de crecemento, transformación persoal e educación sexual integral desde a diversidade étnico-racial».

Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicacións para unirse.

Cuestionario: https://forms.gle/dG9XzfrFNPi9xCNc9

  • DATA: 23/07/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
23 julio, 2020
Hora:
18:00 - 20:00