Loading Events

« All Events

Asemblea Xeral de Manaia

Febreiro 23 @ 16:30 - 22:00

ASEMBLEA XERAL

ASEMBLEA XERAL, a celebrar o sábado 23 de febreiro de 2019, ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, na Sala Valdecorvos, 2º andar da CASAZUL, Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra.

Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra nesta ocasión, así a Xunta Directiva entrante poderá escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

    ORDE DO DÍA.

  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Resumo 2018. “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” en convenio ca Xunta de Galicia.
  • Programación 2019.
  • 3º Congreso Galego de Adopción e Acollemento
  • Aprobación contas 2018 e orzamento 2019.
  • Achegas e ideas das persoas socias.
  • Pedimentos e suxestións

ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL

Ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, paralelamente a Asemblea Xeral, terá lugar a Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA ca participación de todas as socias e socios, excepto nais e pais.

    ORDE DO DÍA.

  • Breve explicación do funcionamento da Asemblea
  • Propostas de actividades nas ludotecas de MANAIA
  • Achegas e ideas das persoas socias.
  • Pedimentos e suxestións

Na Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA non será permitida a participación de nais ou pais.

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

Coma sempre tódolas persoas socias poderán convidar a quen queira coñecernos.

Lembrade que pola mañá temos a Charla/Coloquio da Equipa de Educación de Manaia: “COMUNICACIÓN FAMILIA – ESCOLA

Un saúdo a todas e todos,
A Xunta Directiva

Details

Date:
Febreiro 23
Time:
16:30 - 22:00

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Venue

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Phone:
606 98 77 43