Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cantas emocións sentiches hoxe? 1

25 mayo, 2020 @ 18:00 - 20:00

Retomamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS», desta vez de xeito virtual, poñendo en marcha a primeira sesión, de tres, desta estupenda charla:

CANTAS EMOCIÓNS SENTICHES HOXE?

Saberías dicir a diferenza entre emoción e sentimento?
Cal é a película que máis che emocionou?
Que che fan sentir as persoas ás que queres?
Crees que hai emocións positivas e negativas?
Tenta escribir nun folio en branco todas as emocións que coñeces…. escribiches menos de 30?

Cantas emocións coñecen as crianzas que tes preto? Algún adolescente na sala? Igual eles axúdannos nesa lista…

Non somos seres racionais. Somos seres emocionais que razoan, e de iso falaremos nesta actividade.

Atréveste a sentir un pouco máis e pensar un pouco menos?

Dirixido por:
LETICIA F. RIVERO. Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. www.unoterapias.com

Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicacións para unirse.

Cuestionario: https://forms.gle/uMB5pZ9NoRnRHyHv5

 

  • DATA: 25/05/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET

Esta actividade está composta de tres sesións, unha o mes en maio, xuño e xullo.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
25 mayo, 2020
Hora:
18:00 - 20:00