Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla: A política do fillo único dende a mirada dunha xoven adoptada na China

28 septiembre, 2020 @ 18:00 - 20:00

*ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, resto de familias*
– Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» cunha charla virtual a cargo de Lucía Rabadán Gómez, que leva por título:
– A política do fillo único dende a mirada dunha xoven adoptada na China
Ter unha filla ou fillo, ver a unha muller embarazada ou ter unha familia numerosa son feitos que teñen lugar habitualmente ao noso arredor. Pero algo tan habitual como isto pódese converter nunha odisea se cambiamos a nosa mirada cara ao gran xigante asiático, China.
No 1979 o Goberno Chinés instaurou a denominada popularmente como ‘Política do fillo único’, na que obrigada ás súas familias a ter un só descendente, co obxectivo de conseguir unha sociedade planificada e un país economicamente desenvolvido.
O que comezou como unha política de planificación familiar converteríase no exterminio e a tortura de millóns de mulleres e nenas.
Isto fainos reformularnos unha serie de cuestións:
Por que unicamente se abandonaban ás nenas? Que significaba ser nai na China desa época?, e sobre todo, que supuxo a política do fillo único nas adopcións internacionais e como pode influír na realidade actual da nosa mocidade adoptada nese país?
LUCÍA RABADÁN GÓMEZ
Xoven adoptada na China, Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Vicepresidenta de AFAM (Asociación Andaluza de Adopción e Acollemento) e Coordinadora Xeral de AFAM JOVEN (Sección Xuvenil de AFAM).
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 28/09/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Fecha:
28 septiembre, 2020
Hora:
18:00 - 20:00