Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla: Adopción, identidade e racismo

23 septiembre, 2020 @ 18:00 - 20:00

*ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, resto de familias*
– Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» cunha charla virtual a cargo de Laia Muñoz Bover, que leva por título:
ADOPCIÓN, IDENTIDADE E RACISMO
Nesta charla abordaremos a temática da adopción facendo especial fincapé no racismo e os efectos deste na identidade das persoas adoptadas.
LAIA MUÑOZ BOVER
nada en Barcelona, adoptada por unha familia catalá. Realizou a procura das orixes, coñeceu a súa familia biolóxica e viaxou ao país de orixe, Guinea Equatorial.
Participa en charlas e mesas redondas sobre identidade, adopción e procura das orixes desde o ano 2016.
Dinamizou e coordinou un grupo de mozos adoptados na Asociación en Defensa do Dereito á Infancia na Familia, ADDIF. www.laiamunozbover.com
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 23/09/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Fecha:
23 septiembre, 2020
Hora:
18:00 - 20:00