Cargando eventos

« Todos os eventos

Charla – Apego e dó. 3ª sesión: O futuro

Xullo 17 @ 18:00 - 20:00

Continuamos as actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS”, desta vez de xeito virtual, poñendo en marcha a terceira e última sesión desta estupenda charla:

APEGO E DÓ

Plantexamos estas actividades coma un espazo para a reflexión, para coñecer recursos como os xogos de apego, para poder facer cambios na nosa maneira de estar cas nosas fillas e fillos.
Queremos axudar a traballar sobre a pedagoxía da morte e ofrecer ferramentas as familias sobre o que podemos facer para axudar as nosas fillas e fillos e que nos sirvan para actuar de maneira preventiva.

Primeira sesión
Pasado: Relación do adulto coas súas figuras de apego “Como era no pasado?”

Segunda sesión
Presente: Relación do adulto cos seus fillos “Como son no presente?”

Terceira sesión
Futuro: O legado “Que me gustaría deixarlle aos meus fillos?”

PILAR REY SUÁREZ
Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en pérdidas, duelo e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Posgrao en Couseling de duelo e pérdidas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicacións para unirse.

Cuestionario: https://forms.gle/B3dwztj2itGBg3oX9

  • DATA: 17/07/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET

Esta actividade está composta de tres sesións, unha o mes en maio, xuño e xullo.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Data:
Xullo 17
Hora:
18:00 - 20:00