Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CHARLA: O uso policial do perfil racial: unha práctica racista cotiá

Xaneiro 29 @ 18:00 - 20:00

O USO POLICIAL DO PERFIL RACIAL: UNHA PRÁCTICA RACISTA COTIÁ
Que é? Cales son as partes implicadas? Cales son as súas consecuencias? Cal é a realidade do perfilamiento racial no Estado español? Como nos podemos defender fronte a estas prácticas? Estas son algunhas das preguntas ás que trataremos de dar resposta durante unha sesión, na que debullaremos o funcionamento dunha das manifestacións máis frecuentes do racismo institucional, isto é, un racismo que provén das institucións que teñen o deber de protexer a toda a sociedade fronte aos abusos.
YOUSSEF M. OULED
Xornalista e investigador do perfilamento racial.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e ese mesmo día recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 29/01/21
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
*ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, familias de CORA, resto de familias*
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Data:
Xaneiro 29
Hora:
18:00 - 20:00