Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Charla/obradoiro: O antirracismo na educación

Outubro 20 @ 18:00 - 20:00

POR PROBLEMAS DE ÚLTIMA HORA ADIAMOS ESTA ACTIVIDADE PARA O LUNS 2 DE NOVEMBRO, DESCULPADE AS MOLESTIAS.
*ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, familias de CORA, resto de familias*
Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” cunha charla virtual a cargo de Zenib Laari Inoune, que leva por título:
O ANTIRRACISMO NA EDUCACIÓN
1. Panorama socioeducativo das alumnas e alumnos racializados, migrantes ou fillas e fillos de inmigrantes.
• O centro educativo
• A aula
• A familia
2. Posta en común cos participantes de sucesos, anécdotas, etc. das súas fillas e fillos no centro educativo.
3. ​Formulación da árbore de problemas e árbore de solucións como problema práctico e completado entre todos.
4. Principais problemas do sistema educativo e onde debemos incidir.
5. Dúbidas ou cuestións.
ZENIB LAARI INOUNE
Madrileña filla de inmigrantes marroquís, graduada en Filoloxía hispánica, máster en ELE e máster en formación do profesorado. Alumna do programa ExE, organización que loita pola equidade educativa no estado español. Profesora de español e educadora social, ademais de activistas antirracista e feminista. Campioa do mundo de Kempo karate en 2017 e subcampioa do mundo en 2019 coa selección española de Kempo. Deportista de elite premiada a nivel rexional e nacional polos seus logros deportivos.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e ese mesmo día recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 20/10/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Data:
Outubro 20
Hora:
18:00 - 20:00