Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla: Procuras, contactos e (re)encontros en adopcións de orixe nepalí

26 octubre, 2020 @ 18:00 - 20:00

*ATENCIÓN: Esta actividade ten límite de aforo e a orde de preferencia para participar nela é esta: familias socias de MANAIA, familias que pertecen a un dos grupos de WhatsApp da Asociación, familias de CORA, resto de familias*
– Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» cunha charla virtual a cargo de Chandra Kala Clemente Martínez, que leva por título:
– Procuras, contactos e (re)encontros en adopcións de orixe nepalí
Historicamente, en Occidente, a adopción implicou a separación de familias de orixe e os seus fillos/as e a eliminación da relación parental entre ambos. O ocultamiento, silencios e segredos existentes nas políticas e prácticas de adopción tiveron profundas implicacións na vida cotiá das familias adoptivas. Ata fai relativamente pouco, a renuncia e a infertilidade considerábanse unha fonte de dor e vergoña (Marre, 2009) e a adopción pechada pode ter impedido que moitas persoas adoptadas puidesen buscar información sobre os seus parentes biolóxicos (Ponte, Wang & Fan, 2010).
Con todo, actualmente, estamos inmersos nunha nova tendencia de apertura cara a cuestións da adopción e a procura das orixes. Por tanto, máis persoas adoptadas e familias interésanse en coñecer as historias previas dos seus fillos/ as.
Tendo en conta este contexto, nesta presentación analizo as experiencias de procuras, contactos e (re)encontros entre familias adoptivas españolas e familias de orixe nepalí.
CHANDRA KARA CLEMENTE MARTÍNEZ
Antropóloga Social. Estudante de doutoramento en Antropoloxía na UAB que realiza unha tese ao redor da temática da procura das orixes. Membro do AFIN-UAB. Secretaría da asociación AIDIS. Membro de ADDIF. Nada en Nepal e adoptada por unha parella de Barcelona en 1998.
Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicación para unirse.
  • DATA: 26/10/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

 

Detalles

Fecha:
26 octubre, 2020
Hora:
18:00 - 20:00