Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla/Coloquio: Comunicación Familia – Escola

23 febrero, 2019 @ 11:30 - 16:30

O sábado 23 de febreiro de 2019 ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio: «COMUNICACIÓN FAMILIA – ESCOLA”, a cargo da Equipa de Educación da Asociación (formada por Águeda, Chus e Cris), na Sala Valdecorvos, 2º andar da CASAZUL, Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra.

COMUNICACIÓN FAMILIA – ESCOLA

A existencia dunha boa comunicación entre a familia e a escola é sempre importante, pero no caso dos menores adoptados e acollidos é fundamental para poder ofrecer a mellor resposta posible as necesidades que poidan presentar.

  • ¿Como, cando e con quen establecer o 1º contacto coa escola?
  • ¿Compartir información? Cal? Para que?
  • ¿Que podemos aportar dende a familia?

Despois dunha pequena presentación e partindo dalgúns supostos prácticos tentaremos descubrir entre tod@s as bases dunha boa comunicación entre familia e escola e trataremos de dar resposta a estas e outras preguntas que poidan xurdir.

Actividade de balde aberta a todas as familias adoptivas e acolledoras, ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

XANTAR/PICNIC de 14:30 a 16:30

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

Lembrade que pola tarde temos a ASEMBLEA XERAL e a ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL

Un saúdo a todas e todos,
A Xunta Directiva

EQUIPA DE EDUCACIÓN.- CRISTINA GUEDE, ÁGUEDA RUIBAL e CHUS VÁZQUEZ
Nais adoptivas. Profesoras especialistas de Educación Infantil e Primaria en activo no ensino público. Integrantes da Equipa de Educación de MANAIA e da Comisión de Educación de CORA.

Detalles

Fecha:
23 febrero, 2019
Hora:
11:30 - 16:30

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43