Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Charla/Coloquio: Racismo e escola

Febreiro 24 @ 11:30 - 14:00

O sábado 24 de febreiro ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio: “RACISMO E ESCOLA”, a cargo da Equipa de Educación da Asociación (formada por Águeda, Chus e Cris), no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.

Diferentes estudos realizados amosan que 7 de cada 10 nenas e nenos adoptados sofren agresións racistas na escola e, en moitas ocasións, nin as familias nin os docentes son coñecedores das mesmas. O medo ou a vergoña fai que nalgúns casos non se atrevan a contalo.

Son as familias as que normalmente dan a voz de alarma e se poñen en contacto co centro escolar para frear estas situacións e protexer aos menores. ¿Como actuar?

¿Como podemos axudar aos nosos fillos e fillas nestes casos?

¿Que ferramentas podemos ofrecerlles?

¿Existen protocolos a seguir no eido escolar?

Trataremos de ofrecer algunhas respostas a estas e outras cuestións e presentaremos algúns materiais e recursos que nos axuden a enfrontar do mellor xeito posible estas situacións.

Actividade de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

XANTAR/PICNIC de 14:30 a 16:30 – Comedor do CEIP Manuel Vidal Portela
Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

Lembrade que pola tarde temos a ASEMBLEA XERAL e a ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL

DE 11:00 A 11:30 e de 14:30 a 16:30 PODEREMOS ESTACIONAR NO APARCADOIRO PRIVADO DO COLEXIO.

Un saúdo a todas e todos,
A Xunta Directiva

EQUIPA DE EDUCACIÓN.- CRISTINA GUEDE, ÁGUEDA RUIBAL e CHUS VÁZQUEZ
Nais adoptivas. Profesoras especialistas de Educación Infantil e Primaria en activo no ensino público. Integrantes da Equipa de Educación de MANAIA e da Comisión de Educación de CORA.

Details

Date:
Febreiro 24
Time:
11:30 - 14:00
Website:
https://www.facebook.com/events/1603374193089250

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario